Lugo celebra o 180 aniversario do nacemento de Rosalía cunha lectura pública dos seus poemas

A Alcaldesa abriu dita lectura, coa que o Concello e Agora Cultural renden homenaxe " a unha das máis célebres escritoras galegas, unha persoa que, non só como escritora, senón tamén na súa faceta feminista, reivindicou o noso idioma nun momento moi complexo"

Venres, 24 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Lugo celebrou este venres o 180 aniversario do nacemento de Rosalía cunha lectura pública da súa obra, que tivo lugar nos soportais da Casa do Concello, dende as 12:00 ás 14:00 horas. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, foi a encargada de abrir dita lectura, coa que o Concello, coa colaboración de Agora Cultural, rende homenaxe " a unha das máis célebres escritoras galegas, unha persoa que, non só como escritora, senón tamén na súa faceta feminista, reivindicou o noso idioma nun momento moi complexo", tal e como a definiu a rexedora.

Nesta lectura tamén participou o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e as Concelleiras de Economía e Cultura, Ana Prieto e Carmen Basadre, respectivamente, así como outros membros da Corporación e o Deputado de Relacións Institucionais e Goberno Interior, Álvaro Santos.

O Concello sumouse á iniciativa da Asociación de Escritores e Escritoras Galegas neste día "no que queremos darlle unha mostra de cariño a Rosalía, unha persoa emblemática de Galicia e á que Lugo xa lle ten feito distintos recoñecementos, como o parque ou a ofrenda no San Froilán e hoxe con esta lectura pública".

Multimedia

  • Lugo celebra o 180 aniversario do nacemento de Rosalía cunha lectura pública dos seus poemas
  • Lugo celebra o 180 aniversario do nacemento de Rosalía cunha lectura pública dos seus poemas
  • Lugo celebra o 180 aniversario do nacemento de Rosalía cunha lectura pública dos seus poemas

Noticias relacionadas