Lugo acolle mañá o Campionato de España Junior de Judo do sector oeste no que participaran 115 judokas

O torneo terá lugar este sábado, 26 de marzo, a partir das 17:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes.

O domingo 27 de marzo, terá lugar un adestramento conxunto de 200 judokas de categorías entre Junior e Senior procedentes de Galicia, Asturias, Castela-León, Cantabria e a selección de Panamá.

Venres, 25 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acolle mañá o Campionato de España Junior de Judo do sector oeste no que participaran 115 judokas

O Concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, presentou xunto ao Delegado da Federación Galega de Judo, Ivan Carballeira Delegado, e Sara Álvarez, judoka internacional, o Campionato de España Junior de Judo do sector oeste, que terá lugar esta fin de semana e no cal colabora o Concello de Lugo.

O campionato está organizado pola Federación Galega de Judo e D.A. por delegación da Real Federación Española de Judo. Nesta edición contará coa participación das autonomías de Asturias, Castilla León, Cantabria e Galicia e posteriormente o domingo un adestramento internacional das categorías cadete e júnior.

O edil destacou que “Lugo acollerá esta importante xornada de judo que contará coa presencia de 115 judokas de primeiro nivel”. O torneo terá lugar este sábado, 26 de marzo, a partir das 17:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes. Esta proba clasifica para o campionato nacional feminino e masculino, polo que estarán presentes en Lugo os mellores representantes desta arte marcial.

O domingo 27 de marzo, en xornada de mañá terá lugar un adestramento conxunto de 200 judokas de categorías entre Junior e Senior procedentes de Galicia, Asturias, Castela-León, Cantabria e a selección de Panamá.

Os judokas deberán presentar o certificado de vacinación contra o Covid-19 de pauta completa ou de recuperación actual ou, no seu defecto, un certificado de proba de antíxeno negativo (con laboratorio acreditado ou selo médico), realizado dentro das 48 horas anteriores ao inicio da competición.

Esta competición celebrarase con público, o mesmo deberá permanecer en todo momento sentado nas zonas habilitadas para tal efecto, non podendo acceder en ningún caso á zona de competición ou adestramento. En todo caso atenderanse ás normas e consideracións sanitarias vixentes no momento de celebración.

Noticias relacionadas