Martes, 12 de decembro de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Vello Cárcere acolleu este martes unha homenaxe ao poeta Fiz Vergara Vilariño, con motivo dos 20 anos do seu pasamento. No acto, ao que acudiu o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, distintos colectivos de persoas con diversidade funcional, amigos do poeta e familiares leron composicións do autor.
O Concello colabora con Auxilia nesta iniciativa, que tamén incluíu a inauguración da exposición Todos somos modelos de PREDIF Galicia.