Lara Méndez visita ás persoas acollidas no Fogar do Transeúnte e agradece o “enorme labor dos traballadores”

A alcaldesa de Lugo volveu onte, con motivo do día da Cruz Vermella, ás instalacións que o Concello habilitou no polideportivo para atender a un maior número de persoas senteito

Sábado, 09 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez visita ás persoas acollidas no Fogar do Transeúnte e agradece o “enorme labor dos traballadores”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou onte, con motivo do Día da Cruz Vermella, as novas instalacións do Fogar do Transeúnte no pavillón polideportivo municipal, que foron habilitadas ao inicio desta pandemia pola concellería de Benestar Social para poder acoller a un maior número de persoas senteito durante esta pandemia e poder atendelas nas condicións máis idonéas para a súa maior protección 

Acompañada da edil Olga López e do presidente da Cruz Vermella, Luis Abelleira, saudou ás persoas alí acollidas e interesouse polo seu estado, e tamén felicitou ao persoal que traballa alí “con gran entrega dende que se decretou o estado de alarma e que atende con gran mimo a un colectivo especialmente vulnerable”, sostivo. “Temos que estar moi orgullosos dos traballadores dos Servizos Sociais e de todo o voluntariado xa que xuntos non escatimamos nin en medios humanos nin en recursos para protexer á cidadanía” declarou a alcaldesa .

Nestes momentos, o Fogar do Transeúnte acolle a 41 persoas.

Multimedia

  • Lara Méndez visita ás persoas acollidas no Fogar do Transeúnte e agradece o “enorme labor dos traballadores”

Noticias relacionadas