O encontro, que ten carácter ordinario, se celebrará no Centro de Convivencia Paco Martín como mostra dun maior acercamento institucional aos barrios.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Subdelegada do Goberno nesta provincia, Isabel Rodríguez, copresidirán o vindeiro mércores, unha Xunta Local de Seguridade que vén de ser convocada con carácter ordinario, dentro dos encontros periódicos que manteñen ambas institucións coas diferentes Forzas e Corpos Policiais que operan no municipio.
A rexedora destacou a necesaria colaboración entre os distintos estamentos “na procura de desenvolver operativos coordinados que permitan levar a cabo unha vixilancia e control efectivos na cidade para garantir a convivencia veciñal dunha forma pacífica e ordenada como xa se está a facer”, ao tempo que lembrou que Lugo mantén un dos índices máis baixos de toda Galicia no que a comisión de delitos se refire.
A reunión terá lugar no Centro de Convivencia Interxeracional Paco Martín, recentemente inaugurado, como mostra dun maior acercamento institucional aos barrios.