Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez se reúne este mércores coa Subdelegación e as Forzas e Corpos Policias nunha nova Xunta Local de Seguridade

Lara Méndez se reúne este mércores coa Subdelegación e as Forzas e Corpos Policias nunha nova Xunta Local de Seguridade

O encontro, que ten carácter ordinario, se celebrará no Centro de Convivencia Paco Martín como mostra dun maior acercamento institucional aos barrios.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade
Venres, 20 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez se reúne este mércores coa Subdelegación e as Forzas e Corpos Policias nunha nova Xunta Local de Seguridade

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Subdelegada do Goberno nesta provincia, Isabel Rodríguez, copresidirán o vindeiro mércores, unha Xunta Local de Seguridade que vén de ser convocada con carácter ordinario, dentro dos encontros periódicos que manteñen ambas institucións coas diferentes Forzas e Corpos Policiais que operan no municipio.

A rexedora destacou a necesaria colaboración entre os distintos estamentos “na procura de desenvolver operativos coordinados que permitan levar a cabo unha vixilancia e control efectivos na cidade para garantir a convivencia veciñal dunha forma pacífica e ordenada como xa se está a facer”, ao tempo que lembrou que Lugo mantén un dos índices máis baixos de toda Galicia no que a comisión de delitos se refire.

A reunión terá lugar no Centro de Convivencia Interxeracional Paco Martín, recentemente inaugurado, como mostra dun maior acercamento institucional aos barrios.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-se-reune-este-mercores-coa-subdelegacion-e-forzas-e-corpos-policias-nunha-nova