Lara Méndez recibe na Praza de Santa María aos participantes da proba deportiva Red Bull Buen Camino

Domingo, 26 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe na Praza de Santa María aos participantes da proba deportiva Red Bull Buen Camino

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Deportes e Xuventude, Mauricio Repetto, recibiu este sábado aos participantes da proba deportiva Red Bull Buen Camino na Praza de Santa María, meta da segunda etapa desta novidosa competición que reúne a 35 equipos de toda España.

Trátase, ademais, da primeira proba con carácter competitivo que se disputa sobre o itinerario do Camiño Primitivo, dividida en tres etapas. A aventura comezou na praza da Catedral de Oviedo onte, venres, presentando un percorrido de 98 km ata a localidade asturiana de Pola de Allande. O segundo envite, de 120 km, que tivo lugar este sábado, chegou ata Lugo; mentres que a terceira e última xornada, de 99 km, levará aos peregrinos ao seu destino final, Santiago de Compostela, cun tramo neutralizado desde o Monte  do Gozo no que todos os membros do equipo correrán xuntos ata os pés da emblemática praza do Obradoiro. En total serán 314 quilómetros e 17.100 metros de desnivel acumulado aos que se enfronten os participantes.

Noticias relacionadas