Lara Méndez recibe ao enxeñeiro lucense Héctor Salvador, o primeiro español en baixar á fosa das Marianas

Martes, 25 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe ao enxeñeiro lucense Héctor Salvador, o primeiro español en baixar á fosa das Marianas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polos portavoces da Corporación Municipal recibiron hoxe no Concello ao enxeñeiro aeronáutico lucense, Héctor Salvador, o primeiro español en baixar á fosa das Marianas.

Durante o acto, a rexedora local subliñou o traballo realizado por Salvador. “Un experimentado piloto que dende o pasado 18 de abril ostenta tamén o título de ter alcanzado o récord de España de profundidade para orgullo de todo o país e, especialmente, das e dos lucenses”.

A alcaldesa enxalzou igualmente a valentía amosada durante a inmersión, que se prolongou durante máis de doce horas e que tiña como obxectivo localizar e recuperar un módulo científico que quedara atascado no leito mariño o día anterior, ao tempo que se tomaron mostras de sedimento de gran importancia científica.

“Estamos seguros de que se tratou dunha experiencia marabillosa, pero tamén sobrecolledora,  pola duración e porque estamos a falar da segunda foxa máis profunda do abismo da Serea (10.706 m.) e a terceira do mundo. Unha misión de gran complexidade e que concluíu cun resultado moi satisfactorio grazas á pericia e profesionalidade do equipo técnico que capitaneou a misión, entre eles un veciño noso que, xunto a tantas e tantos outros lucenses con vocacións diversas, están a poñer de relevancia o talento local e a proxectar o nome de Lugo en todo o mundo”, concluíu Lara Méndez.

Pola súa banda, Héctor Salvador, que se declarou “namorado da cidade”, destacou o “basto patrimonio natural que aínda nos resta por coñecer” e puxo en valor a calidade da ensinanza que se imparte nos centros educativos do municipio dos que quedou á súa disposición para colaborar con eles en todas as actividades de carácter divulgativo que estimen oportuno.

Multimedia

  • Lara Méndez recibe ao enxeñeiro lucense Héctor Salvador, o primeiro español en baixar á fosa das Marianas
  • Lara Méndez recibe ao enxeñeiro lucense Héctor Salvador, o primeiro español en baixar á fosa das Marianas

Noticias relacionadas