Lara Méndez, participa na presentación do Día do Veciño 2019 felicitando por eses dezaoito anos de traballo con nova esta edición

O acto terá lugar o 15 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, ás 13:30 horas

Este ano temos contan con máis de 255 asociacións Federadas, das cales mais de 200 teñen unha representación no acto

Xoves, 12 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez, participa na presentación do Día do Veciño 2019 felicitando por eses dezaoito anos de traballo con nova esta edición

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, o delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro e o presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, participaron está maña no acto de presentación do ‘Día do Veciño 2019’ realizado na Deputación de Lugo.

Lara Méndez iniciou o discurso felicitando “Por estes 18 anos de traballo, a maioría de idade do día do veciño, e lonxe de ir a menos vai a máis que nos xuntamos para pasar un día de convivencia e de escoitar as necesidades para poder seguir transformando a sociedade”.

Este ano temos contan con máis de 255 asociacións Federadas, das cales mais de 200 teñen unha representación no acto.

O acto terá lugar o 15 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, ás 13:30 horas. O evento consiste nunha celebración dedicada ao veciño, na anterior edición xuntáronse mais de 4.200 persoas.

Noticias relacionadas