Lara Méndez oficiou a primeira voda na Mosqueira

Sábado, 10 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez oficiou a primeira voda na Mosqueira

 A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, oficiou esta tarde o primeiro enlace civil, nunha das zonas máis emblemáticas da Muralla de Lugo: A Mosqueira. Os contraíntes foron unha parella de lucenses: Laura Otero e Xacobo López.

 Os noivos solicitaron expresamente que foxe a rexedora lucense a encargada de oficiar o acto. Unha costume que Méndez leva a cabo nestas ocasións para completar o enlace, e agasallar á parella coa lectura dun poema que versa sobre a temática do amor, nesta ocasión a alcaldesa escolleu un de Darío Xohán Cabana.

Bendito sexa o ano, o mes, o día
que te encontrei no medio do camiño
e andabas escollendo a flor do espiño
sen te mancar na espiña que fería.

Bendita sexa a hora en que eu prendía
no teu claro mirar de trigo e liño
e o instante en que probei o manseliño
mel da palabra túa ou amavía.

Bendito sexa o intre e o segundo
en que determinei ser teu amigo
e camiñar contigo polo mundo,

bendita sexa o porto e a cidade
onde embarquei para navegar contigo
nunha dorna de amor e de saudade.

Noticias relacionadas