Lara Méndez inaugura a ‘Jornada agenda 2030 y Objetivos de Desarrollo Sostenible’

Lugo, está á vangarda europea no desenvolvemento de cidades sostibles

A ‘Jornada agenda 2030 y Objetivos de Desarrollo Sostenible’ foi organizada polo Campus Noroeste UNED, UNED Lugo e #NaturalMente

Venres, 28 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez inaugura a ‘Jornada agenda 2030 y Objetivos de Desarrollo Sostenible’

A alcaldesa de Lugo e Presidenta da Junta Rectora da UNED, Lara Mendez,  acompañada da Deputada provincial, Ana Abelleira; o Director do Campus Noroeste, Victor Gonzalez Sanchez; a Vicerrectora de Economía, Amelia Perez Sanchez e a Directora da UNED, Ana Belen Traseira inauguraron a  ‘Jornada agenda 2030 y Objetivos de Desarrollo Sostenible’.

"Dende todas as áreas de Goberno, de maneira transversal, impulsamos accións para un desenvolvemento sostible da cidade, pero a que leva o maior peso é unha Concellaría, que precisamente leva o nome de Desenvolvemento Local Sostible, que coordina a implantación do programa Life: Lugo+Biodinámico, a columna vertebral das actuacións en materia medioambiental que levamos a cabo" destacou a alcaldesa e finalizou  agradecendo o Campus Noroeste UNED, UNED Lugo e #NaturalMente o traballo para levar a cabo esta xornada.

Noticias relacionadas