Lara Méndez enxalza o labor do CIFP As Mercedes “que contribúe a incrementar o atractivo de Lugo como polo de formación de calidade”

A alcaldesa visitou hoxe o centro en compañía do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a subdelegada provincial, Isabel Rodríguez,para coñecer os proxectos educativos que ten en marcha.

Luns, 30 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez enxalza o labor do CIFP As Mercedes “que contribúe a incrementar o atractivo de Lugo como polo de formación de calidade”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez visitou esta mañá, acompañada polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones e a subdelegada provincial, Isabel Rodríguez, o Centro Integrado de Formación Profesional de As Mercedes para coñecer os proxectos educativos que ten en marcha.

Durante o percorrido, a rexedora destacou que “a formación de alta calidade que se imparte no centro está estreitamente vinculada coa innovación e as novas tecnoloxías pero tamén co mundo empresarial que é o que ten capacidade para absorber despois todo ese talento local e retelo na súa cidade de orixe, creando oportunidades laborais”.

Segundo Lara Méndez o CIFP As Mercedes “visualiza á perfección ese peche de círculo, cunha excelencia xa recoñecida” e felicitou ao equipo directivo polo labor que desenvolven en prol da diversificación da ensinanza pero “co que tamén están a acadar un incremento do atractivo que posúe a cidade como polo de formación e referente educativo en todo o país” para o que aludiu que en torno ao 40% do seu estudantado do é de fóra do municipio.

A rexedora quixo aproveitar, así mesmo, a oportunidade para agradecerlle ao Goberno central a súa implicación “por apoiar o traballo que se leva a cabo dende os centros de Formación Profesional e por visualizar a súa importancia no obxectivo de dar pulo a sectores convencionais e estratéxicos da man das novas tecnoloxías e da sostibilidade”, concluíu Méndez.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a visita ó CIFP As Mercedes | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez enxalza o labor do CIFP As Mercedes “que contribúe a incrementar o atractivo de Lugo como polo de formación de calidade”
  • Lara Méndez enxalza o labor do CIFP As Mercedes “que contribúe a incrementar o atractivo de Lugo como polo de formación de calidade”

Noticias relacionadas