Lara Méndez entrega os premios aos gañadores da Volta Júnior, na que participaron máis dun cento de nenos e nenas

A Alcaldesa destacou a importancia deste tipo de eventos, que promoven a práctica deportiva entre os máis cativos, ademais de fomentar os valores de solidariedade, o respecto ou o esforzo

Mércores, 24 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez entrega os premios aos gañadores da Volta Júnior, na que participaron máis dun cento de nenos e nenas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entregoulle os premios aos 8 nenos e nenas gañadores da Volta Júnior, unha proba que se enmarca dentro da programación da Volta a España, na que participaron preto de 120 nenos e nenas da cidade de 10 colexios públicos da cidade. Esta competición, dividida en 4 mangas de idade entre os 6 e 12 anos, arrincou dende diante da Capela de Santa María e rematou á altura da Porta de San Fernando, recorrendo os últimos metros do recorrido que dúas horas máis tarde percorrería o pelotón ciclista.

A rexedora destacou a importancia deste tipo de eventos, que promoven a práctica deportiva entre os nenos e nenas, ademais de fomentar os valores de solidariedade, o respecto ou o esforzo.

Multimedia

  • imagen2

Noticias relacionadas