
A rexedora de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, efectivizaba esta mañá a toma de posesión de doce Xefas e un Xefe de grupo e negociado de diferentes servizos municipais.
O acto, celebrado no Salón de Plenos, culmina así o procedemento levado a cabo polo Executivo local para tratar de fornecer a estrutura do persoal municipal, dimensionando axeitadamente os recursos humanos cos que conta cada departamento.
A alcaldesa aproveitou para felicitar ás e a ao novo Xefe de grupo polos seus nomeamentos, agradecéndolles o labor realizado ata a data nos postos que viñan desempeñando, ao tempo que subliñou a “importancia de avanzar na cobertura destas prazas, de maior rango xerárquico, que redundará nunha mellora da capacidade organizativa, tanto do traballo como dos efectivos de cada sección, e que contribuirán, en definitiva, a optimizar a atención cidadá e a xestión pública”, subliñou Lara Méndez.
POSTO |
ADXUDICATARIO/A |
Xefa de grupo de Aministración Municipal Secretaría Xeral |
M.ª Ángeles Rico |
Xefa de grupo de Actas XGL Secretaría Xeral |
Celeste Vázquez |
Xefa de grupo de Planeamento |
Pilar Rodríguez |
Xefa de negociado de Disciplina |
Mercedes López |
Xefa de grupo de Cultura |
M.ª Nieves Mourenza |
Xefa de grupo do Órgano de Xestión Econ. e Financieira |
M.ª Ascensión Rodríguez |
Xefa de grupo de Facenda Local |
M.ª Elena Rodríguez |
Xefa de grupo de Facenda Local |
Sandra Barcía |
Xefa do Negociado do Padrón de Augas |
Eva M.ª Seonae |
Xefa de grupo de Desenvolvemento Local |
M.ª Luisa Meilán |
Xefe do grupo de Rexistro |
José Ángel Vidal |
Xefa do Negociado de Estatística |
Ana Isabel Martínez |
Xefa de grupo de Estatística |
M.ª Ángeles Castro |