Lara Méndez e Carmen Basadre coordinan cos servizos municipais a loxística de cara o San Froilán 2017

Xoves, 14 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez e Carmen Basadre coordinan cos servizos municipais a loxística de cara o San Froilán 2017

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, mantiveron este xoves unha reunión técnica de traballo coa finalidade de coordinar cos distintos servizos municipais a loxística para que o desenvolvemento de todos os eventos e actividades programadas na cidade ao longo do San Froilán 2017 sexan un éxito. A esta xuntanza, celebrada no Salón de Comisión da Casa Constitual, asistiu persoal das áreas de Medio Ambiente, Policía Local, Protección Civil e Bombeiros.

Deste xeito, os preparativos das festas patronais de Lugo avanzan para ter todo listo o día 4 de outubro, cando arrinca a programación, que se desenvolverá ata o 12 de outubro. Xa dende o 30 de setembro estarán abertas as casetas do polbo.

O operativo de seguridade do San Froilán abordarase, como todos os anos anteriores, nunha Xunta Local de Seguridade que terá lugar a vindeira semana, co obxectivo de que as distintas forzas e corpos de seguridade coordinen efectivos e dispositivos para garantir o normal desenvolvemento deste festexo multitudinario.  

Noticias relacionadas