Lara Méndez e Ana González Abelleira felicitaron as festas ás persoas usuarias do Centro de Día Antonio Gandoy

A rexedora, a edil, o encargado e unha traballadora da tenda de Tiger en Lugo repartíronlles agasallos, grazas á colaboración entre o Concello e esta empresa

Mércores, 04 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, felicitáronlles este mércores ás festas ás persoas maiores dependentes e usuarias do Centro de Día Antonio Gandoy. Ademais, a rexedora, a edil, o encargado e unha traballadora da tenda de Tiger en Lugo repartíronlles agasallos, grazas á colaboración entre o Concello e esta empresa.

 O centro, integrado nas dependencias do Centro de Convivencia Maruja Mallo, presta servizo a medio cento de persoas maiores en situación de dependencia e conta cunhas instalacións modernas, con todas as comodidades e servizos solicitados polos usuarios.

Multimedia

Noticias relacionadas