Lara Méndez: “Debemos manternos firmes como sociedade e non dar nin un paso atrás na loita contra a violencia machista”

Venres, 02 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez: “Debemos manternos firmes como sociedade e non dar nin un paso atrás na loita contra a violencia machista”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de concelleiros e concelleiras da Corporación, sumouse esta tarde a mobilización convocada pola Plataforma Feminista de Lugo en resposta ao cruel asasinato de Cristina Cabo Buján.

A rexedora foi contundente nas súas declaracións: “Debemos manternos firmes como sociedade e non dar nin un paso atrás na loita contra a violencia machista”, sostivo.  “As mulleres somos libres e debemos de poder exercer a nosa liberdade sen medo, e para iso, debemos ser contundentes e actuar contra todo tipo de violencias machistas desde todos os ámbitos, desde a educación e a concienciación social, coa lexislación na man e coas forzas de seguridade”. “O foco, non o esquezamos nunca, son os que nos asasinan”, incidiu.

A rexedora transmitiu, unha vez máis, o seu pesar e todo o seu agarimo á familia e amigos de Cristina Cabo, “unha persoa moi querida e que nunca esqueceremos”.

Multimedia

  • Lara Méndez: “Debemos manternos firmes como sociedade e non dar nin un paso atrás na loita contra a violencia machista”

Noticias relacionadas