Lara Méndez dá a benvida no Concello á Plataforma Galicia Baleira nunha recepción que “escenifica o compromiso público e cidadá contra a despoboación no rural”

Xoves, 06 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez dá a benvida no Concello á Plataforma Galicia Baleira nunha recepción que “escenifica o compromiso público e cidadá contra a despoboación no rural”

A alcaldesa, Lara Méndez, recibía esta mañá no Concello ás e aos integrantes da Plataforma Galicia Baleira de Ourense e Lugo.

Durante o acto, a rexedora destacou que Lugo non é alleo a esa problemática “xa que, dos 330 km de superficie que ten o noso concello, máis do 80% é zona rural e, por tanto, sabemos moi ben as dificultades que supón prestar servizos e dotar de infraestruturas aos núcleos e o esforzo que conleva en condicións de dispersión xeográfica e poboacional como a que nos afecta, pero non por iso hai que deixar de facer eses investimentos para acadar que toda a veciñanza, resida na capital ou nas parroquias, teña os mesmos dereitos e oportunidades para desenvolver o seu proxecto de vida alí onde considere”.

Trala recepción, Lara Méndez agasallou ás e aos membros da Federación Limiar de Ourense cunha reprodución, en cerámica, da Porta da Mosqueira da Muralla, elaborada por Aspnais, “como símbolo que identifica a cidade e tamén como mostra do compromiso deste goberno na súa aposta polo rural para o que consideramos igualmente moi importante a unión que hoxe nace, a través desta Plataforma, e que aquí, con este xesto, se escenifica”, concluíu a alcaldesa.

Audio

  • A alcaldesa, Lara Méndez, sobre a benvida ós integrantes da Plataforma Galicia Baleira de Ourense e Lugo | Descargar mp3

Noticias relacionadas