Lara Méndez convida a emprendedores e empresarios lucenses a participar nun novo almorzo de negocios este xoves nas Gándaras

A actividade de networking enmárcase na estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía de Lugo lanzada pola rexedora trala pandemia.

As inscricións atópanse abertas en www.localmentelucense.gal/almorzo-de-negocios. Será a 8ª cita que se organice, co obxectivo de ampliar a rede de contactos dos participantes.

Martes, 08 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez convida a emprendedores e empresarios lucenses a participar nun novo almorzo de negocios este xoves nas Gándaras

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convidou este martes ás e aos emprendedores e empresarios lucenses a participar nun novo almorzo de negocios, enmarcado no movemento Localmente Lucense, que terá lugar este xoves nas Gándaras. A través desta iniciativa, o executivo municipal ofrece aos participantes un espazo aberto e gratuíto para que amplíen a súa rede de contactos, co fin de xerar novas oportunidades de negocio e de emprego na cidade.

Será o oitavo encontro deste tipo que se desenvolverá este ano. Para facilitar a participación, se van organizando en distintos barrios, tamén como unha oportunidade de mobilizar os comercios e negocios da zona. Nesta ocasión, celebrarase na cafetería As Gándaras (Polígono As Gándaras, Rúa A) este xoves, 10 de novembro, en horario de 08:30 a 09:30 horas. Haberá 50 prazas dispoñibles, sendo necesaria a inscrición previa, a través da web: www.localmentelucense.gal/almorzo-de-negocios.

Lara Méndez descatou o éxito desta iniciativa refrendado pola boa acollida entre o tecido empresarial lucense. “Os almorzos contan sempre cunha elevada participación e moitas das persoas que acoden por primeira vez repiten nos seguintes, pois trátase dunha gran oportunidade para xerar lazos e crear novas sinerxias e contactos que poden ser de gran utilidade no día a día dos participantes”, explicou.

O movemento Localmente Lucense enmárcase na estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía de Lugo lanzada pola rexedora, Lara Méndez, trala pandemia, que inclúe dous piares: o ‘Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial’, dentro do cal se realizan, ademais dos almorzos de negocios, charlas con empresarios locais e expertos nacionais; programas de formación, cine ao aire libre, xornadas de portas abertas nos viveiros de empresas do Concello e actividades de dinamización polo Día Internacional do Emprendemento.

E, por outra, se impulsa o ‘Plan de dinamización de barrios’, que se desenvolve por cinco zonas da cidade, que alcanzan a todos os barrios lucenses, e que contempla a realización de actividades de ocio e lecer como tardeos, noiteos, con espectáculos musicais, concertos e actividades de entretemento; campañas estacionais e en datas sinaladas como San Valentín, Nadal, Samaín, rebaixas de inverno e de verán; ou a organización de mercadiños, así como actividades especiais en barrios como A Tinería.

Noticias relacionadas