Lara Méndez asiste ao peche da campaña “Quero que me entendas” na que participaron 80 establecementos

A iniciativa tivo lugar todos os xoves de setembro e contou con street market, zona gratuíta de comida, cóctels, sorteos e actuacións musicais.

Lara Méndez: “Estamos satisfeitos de colaborar con esta campaña, así como con aquelas iniciativas que teñen o obxectivo de apoiar o pequeno comercio lucense”.

Venres, 01 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez asiste ao peche da campaña “Quero que me entendas” na que participaron 80 establecementos

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a edil de Desenvolvemento Local e Emprego Ana G. Abelleira participaron este xoves no peche da campaña “Quero que me entendas. Comercio Fest”, posta en marcha pola Asociación Lugo Centrum Centro Comercial Aberto e a Asociación de Autónomas, coa colaboración do Concello e da Federación Galega de Comercio.

Unha campaña, na que participaron 80 establecementos durante todo o mes de setembro. “Esta iniciativa xenerou moita expectación entre os lucenses, tanto en canto a compras realizadas, como de participación nas actividades de ocio, xerando vida na cidade e beneficio para os negocios” destacaba a rexedora.

Lara Méndez lembrou que “dende o Concello de Lugo levamos posto en marcha numerosas iniciativas para reimpulsar o comercio local, logo da crise derivada da Covid-19, como por exemplo: o Plan Reanima; a plataforma Abrindo Lugo para a venda de bonos; a organización de tardeos e mercadillos, ou accións de formación online para mellorar as destrezas dos empresarios e traballadores e convidar a todos os e as lucenses a que sigan a realizar as compras nos comercios de proximidade”.

Multimedia

  • Lara Méndez asiste ao peche da campaña “Quero que me entendas” na que participaron 80 establecementos

Noticias relacionadas