A alcaldesa deulle a benvida aos 120 mozos e mozas que participan neste campus nun acto no que participaron o propio Alex Llorca e Mateo Rubio

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a concelleira da área de Cohesión Social, Ana González Abelleira, deron a benvida no Vello Cárcere aos 120 mozos a mozas participantes do Campus Deportivo Alex Llorca, que se desenvolve na cidade desde o pasado día 8 ata o 14 de xullo.
A este acto tamén acudiron Alex Llorca, baloncentista internacional e xogador do Montakit Fuenlabrada da liga ACB, con fortes vinculacións con Lugo xa que foi xogador no Breogán, así como Mateo Rubio Díaz, o director técnico é actual primeiro adestrador do Barça junior, así como ex seleccionador absoluto de Uruguai.
No campus, co que colabora o Concello lucense e que se celebra en Lugo por cuarto ano consecutivo, participan mozos procedentes de toda Galicia e do resto de España.
Lara Méndez deulle as grazas a Alex Llorca por elixir Lugo para a implantación do campus, “cidade que sei que é para ti a túa segunda casa”, e animou aos participantes do Campus a aproveitalo tanto desde o punto de vista deportivo como persoal, “xa que o deporte son tamén valores”. “Quen sabe se algún de vós estaredes algún día xogando co baloncesto de élite como o Breogán ou o Ensino, entre outros clubes lucenses”, incidiu.