Lara Méndez anuncia que xa están operativas as redes de conexión wifi gratuíta en dez novos espazos públicos da cidade

A Alcaldesa de Lugo, que lembrou que a ampliación da rede municipal desenvolveuse con fondos europeos, espera que esta conectividade contribúa a pechar a fenda dixital.

Sábado, 11 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez anuncia que xa están operativas as redes de conexión wifi gratuíta en dez novos espazos públicos da cidade

Conectarse a internet na rúa desde un portátil, un móbil ou unha PDA será agora máis fácil en Lugo. A veciñanza xa pode acceder a redes wifi gratuitas nunha decena de novos espazos públicos da cidade a través do programa municipal WIFI4UE, co que “avanzamos na procura dunha cidade máis moderna e conectada”

A Alcaldesa Lara Méndez, visitou a colocación das primeiras sinais informativas na Praza da Milagrosa, e xa están instaladas en Praza Agro do Rolo, Augas Férreas, Praza Maior, Casa da Xuventude, Praza do Castiñeiro, Praza Viana do Castelo, Praza do Campo Castelo, o Centro de Servizos Municipais e praza Horta do Seminario.

“WIFI4UE é un programa europeo, para o que Lugo resultou seleccionado”, lembrou a rexedora, que financia con 15.000 euros a instalación de puntos de acceso sen cableado á rede, co obxectivo de promover as redes wifi para os cidadáns e transeúntes en espazos públicos de toda Europa. O orzamento total ascendeu a 36.193 euros incluíndo as liñas necesarias e o mantemento durante tres anos.

De tal xeito que, se espera que esta conectividade inalámbrica local, gratuíta e sen condicións discriminatorias contribúa a pechar a fenda dixital.

Para acceder so hai que conectarse á rede WiFi4EU e iniciar sesión no portal, sen necesidade de rexistro previo e só con facer un clic. Disponse de máis información no portal https://wifi4eu.lugo.gal/

Noticias relacionadas