Domingo, 08 de marzo de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada das edís de Gobernanza, Paula Alvarellos; Igualdade, Muller e Xuventude, Ana González Abelleira e dos concelleiros de Medio Rural e Deportes, Miguel Fernández e de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, saudaron aos bombeiros no día que celebran a festividade de San Xoan de Deus.
Os profesionais do Parque Municipal de Lugo conmemoraban este domingo o seu patrón con distintas actividades, entre elas un xantar de confraternidade ao que asistiron tanto os profesionais en activo coma outros compañeiros xubilados. Os efectivos do parque de Lugo, aproveitaron a visita do equipo de goberno para facer tamén, previamente, unha fotografía de familia.