Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez acompaña aos bombeiros de Lugo na celebración do seu patrón

Lara Méndez acompaña aos bombeiros de Lugo na celebración do seu patrón

  • Tema
    • Axenda institucional,
    • Servizos sociais,
    • Emprego
Domingo, 08 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez acompaña aos bombeiros de Lugo na celebración do seu patrón

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada das edís de Gobernanza, Paula Alvarellos; Igualdade, Muller e Xuventude, Ana González Abelleira e dos concelleiros de Medio Rural e Deportes, Miguel Fernández e de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, saudaron aos bombeiros no día que celebran a festividade de San Xoan de Deus.

Os profesionais do Parque Municipal de Lugo conmemoraban este domingo o seu patrón con distintas actividades, entre elas un xantar de confraternidade ao que asistiron tanto os profesionais en activo coma outros compañeiros xubilados. Os efectivos do parque de Lugo, aproveitaron a visita do equipo de goberno para facer tamén, previamente, unha fotografía de familia.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-acompana-aos-bombeiros-de-lugo-na-celebracion-do-seu-patron