Lara Méndez acompaña ao emisario dos Reis Magos en Lugo, que contou hoxe co apoio do CB Breogán e Máximus

Mércores, 28 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez acompaña ao emisario dos Reis Magos en Lugo, que contou hoxe co apoio do CB Breogán e Máximus

A Alcaldesa lucense, Lara Méndez, achegouse hoxe ao Oasis de Ben-Alí, o emisario dos Reis Magos de Oriente para Lugo, acompañada dos xogadores do CB Breogán, Víctor Arteaga, Stefan Momirov e Marko Luković, así como coa mascota, Máximus. e o director xeral do clube, Tito Díaz, e o adestrador, Veljko Mršić.

O encontro tivo lugar no Mercado municipal Nadalmente Lucense, onde se deron cita decenas de nenos e nenas que entregaron as súas cartas.

Ben-Alí atenderá aos pequenos de 11.00 a 14.30 horas e de 16.30 a 21.00 horas, agás o día 31, que estará aberto só pola mañá. A actividade está organizada no marco da campaña Localmente Lucense, promovida polo executivo municipal para dinamizar o comercio local de proximidade.

Noticias relacionadas