Información da área de Cultura ao respecto dos espectáculos programados para os vindeiros días

Venres, 13 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Seguindo as indicacións das autoridades sanitarias do goberno do Estado e da Xunta de Galiza, dende a área de Cultura adíanse os espectáculos da XX Mostra de Teatro Clásico. Dende a área de Cultura estase a traballar en confirmar canto antes as novas datas de cada función.

Aquelas persoas que tiñan entradas para os diferentes espectáculos, unha vez se informe das novas datas, poderán optar por manter a súa entrada ou solicitar o reembolso do importe das mesmas.

O Vello Cárcere, xunto cos museos dependentes da Área de Cultura (MIHL, Centro de Interpretación da Muralla, San Roque, Casa dos Mosaicos e Porta Miñá), ademais da Biblioteca Municipal Isidro Novo e a Escola Municipal de Música estarán pechados ao público dende este sábado. Os actos previstos para estas instalacións quedan adiados. Publicarase no menor prazo de tempo posíbel as novas datas de todas as actividades.

Noticias relacionadas