Hoxe remata o prazo de exposición pública do censo electoral para as eleccións municipais do 24 de maio

O censo electoral, pechado con data do 1 de xaneiro do 2015, pódese consultar nas Oficinas municipais da Ronda da Muralla ata as 14:00 horas.

Luns, 13 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo lembra que hoxe é o derradeiro día de exposición ao público do censo electoral, co obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados no noso concello poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, no caso de erro, poidan facer as reclamacións oportunas.

A consulta das listaxes, que se debe realizar persoalmente, é un trámite necesario e conveniente para toda a cidadanía como garante do seu exercicio de dereito ao voto nas vindeiras eleccións municipais, convocadas para o vindeiro 24 de maio.

Nesta ocasión, a consulta da inscrición no censo ten especial relevancia por terse realizado unha modificación importante no emprazamento dalgunhas mesas electorais.

O censo electoral, pechado con data do 1 de xaneiro do 2015, pódese consultar nas Oficinas municipais da Ronda da Muralla ata as 14:00 horas.

Noticias relacionadas