A estratexia Localmente Lucense convida a participar en dúas accións o día 13 para axudar a xestionar o fracaso empresarial

O tema abordarase nun almorzo de negocios, ás 8.30 horas, no CEI-Nodus. Para asistir é necesario inscribirse  www.localmentelucense.gal/almorzo-de-negocios.

Javi Moral, deseñador e director creativo, impulsor da exitosa iniciativa ‘El Éxito del Fracaso’, ofrecerá unha charla de impacto ás 20.30 horas.

Martes, 11 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A estratexia Localmente Lucense convida a participar en dúas accións o día 13 para axudar a xestionar o fracaso empresarial

A estratexia Localmente Lucense, lanzada pola alcaldesa Lara Méndez, para impulsar a economía dos barrios e darlle ferramentas en formación aos pequenos e medianos empresarios e emprendedores, organizará este xoves, día 13, dúas acciones para axudarlles a xestionar os fracasos empresariais.

A primeira iniciativa será pola mañá, xa que este tema se abordará no almorzo de negocios, que ese día se celebrará na sala multiusos do Espazo Lab do CEI Nodus, ás 8.30 horas. O aforo está limitado a medio centenar de persoas.

A segunda das accións programadas será unha charla de impacto, que será no mesmo centro ás 20.30 horas. A mesma correrá a cargo de Javi Moral, deseñador e director creativo especializado en emprendimiento, coworking e creación e construción de comunidades, así como autor da exitosa iniciativa ‘El Éxito del Fracaso’, onde emprendedores comparten a súa experiencia en iniciativas que non saíron ben, así como a aprendizaxe que iso supuxo..

Para participar nestas accións é necesario inscribirse previamente en:

Noticias relacionadas