Esta tarde abrirá ao tránsito a rúa do Freixo, con novo pavimento e servizos grazas ás obras conxuntas do Concello e a Deputación

As actuacións, cun orzamento de 86.000 euros xunto ás tarefas de acondicionamento da rúa da Xesta, consistiron na reposición do firme e a substitución das redes de abastecemento e saneamento

Mércores, 04 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A rúa do Freixo, que une Camiño Real e rúa Pontevedra, abrirá ao tránsito esta tarde, con novo pavimento e servizos, grazas ás obras conxuntas do Concello e a Deputación, a través do Plan Único. As actuacións, cun orzamento de 86.000 euros xunto ás tarefas de acondicionamento da rúa da Xesta, consistiron na reposición do firme e a substitución das redes de abastecemento e saneamento.

Ademais das obras das rúas do Freixo e da Xesta, o Plan Único de 2017 inclúe a pavimentación das rúas Filgueiro, Mestre Méndez, Da Silva, Mazaira, Das Pías e un tramo da rúa Casas Vellas, todas no barrio de Abella; a pavimentación e servizos en rúa Fonmiñá e Piñeiral, nas Gándaras; a pavimentación e servizos en rúa Flor de Lis, en Abella; e a pavimentación e ampliación da rede de abastecemento na urbanización Bellavista, na parroquia de Esperante. A maiores, cos remanentes ampliarase a rede de abastecemento en Saamasas e pavimentarase a Ronda República Argentina e a avenida de Garabolos.

Noticias relacionadas