Espectáculos pola igualdade, para público infantil e mocidade, con Caxoto, ao longo das vindeiras tres fins de semana

Terán lugar ao exterior, nas inmediacións da Casa da Xuventude, do CEI-NDOUS, na Praza de Augas Férreas e no Parque Rosalía de Castro. A entrada é libre ata completar aforo

Venres, 20 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Espectáculos pola igualdade, para público infantil e mocidade, con Caxoto, ao longo das vindeiras tres fins de semana   Terán lugar ao exterior, nas inmediacións da Casa da Xuventude, do CEI-NDOUS, na Praza de Augas Férreas e no Parque Rosalía de Castro. A entrada é libre ata completar aforo   A área de Xuventude e a Casa da Muller, que dirixe Ana Abelleira, organiza distintas actividades para promover a igualdade, coincidindo coa conmemoración do 25N, as vindeiras tres fins de semana, en distintos puntos d

A área de Xuventude e a Casa da Muller, que dirixe Ana Abelleira, organiza distintas actividades para promover a igualdade, coincidindo coa conmemoración do 25N, as vindeiras tres fins de semana, en distintos puntos da cidade. Por un lado, trátase de espectáculos pola igualdade, un dirixido a público infantil e outro á xuventude, da man do narrador oral Caxoto, nos que se traballan os estereotipos de xénero para previr a violencia machista na infancia e na mocidade.

Os modelos de comportamento que se adquiren a idades temperás van condicionar a construcción da identidade persoal dos menores, e por iso, o Concello fomenta estas iniciativas que traballan na igualdade positiva, a través de actividades cun matiz lúdico, cun contacontos, con gran potencial como ferramentas de aprendizaxe de valores, nos que aprender a eliminar o rasgo sexista.

  • 21 de novembro, de 12:30 a 13:30 horas, no exterior do CEI-NODUS. Contos vellos, novos finais
  • 22 de novembro, no exterior da Casa da Xuventude, ás 18:00 horas. Micromachista eu?
  • 28 de novembro, de 12:30 a 13:30 horas, na Praza de Augas Férreas. Contos vellos, novos finais
  • 5 de decembro, de 12:30 a 13:30 horas, no Parque Rosalía de Castro.  Contos vellos, novos finais

A entrada é libre ata completar aforo, que está estipulado para máximo de 50 persoas. Por outra banda, un paseo pola cidade: a andaina xuvenil pola igualdade, guiada por Lidia de la Fuente, deste sábado, 21 de novembro, ás 10:30 horas, que xa ten as prazas esgotadas, existindo lista de agarda para participar. Esta é a última camiñada da programación de Andainas Xuvenís pola Sostibilidade e pola Igualdade, que puxo en marcha Xuventude o pasado mes de xullo.

Noticias relacionadas