O Vello Cárcere acolleu a celebración da patroa da música
- Tema
Xoves, 21 de novembro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa

Con motivo do día de Santa Icía, patroa da Música, a Escola de Música ofreceu un concerto no Vello Cárcere, no que as catro agrupacións que compartiron escenario amosaron a calidade das músicas e músicos da Escola.
O concerto comezou co Grupo de Clarinetes, seguido do Combo de Formación de Adultos, e rematou co Grupo de Pandeireteiras e o Grupo Tradicional.