Entregados os diplomas aos rapaces que participaron nos V Cursos Primavera Segura do PIT

Manuel Núñez, José Reigosa e Paula Yubero clausuraron esta actividade, na que participaron un total de 43 nenos e nenas de entre os 8 e os 14 anos agrupados por idade en grupos de 15 alumnos

Luns, 30 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Entregados os diplomas aos rapaces que participaron nos V Cursos Primavera Segura do PIT

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, clausurou este luns os V Cursos Primavera Segura, que se desenvolveron no Parque Infantil de Tráfico (PIT) dende o 25 de abril ao 27 de maio. No acto tamén estiveron presentes o director do PIT, José Reigosa, a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero, e membros da Corporación Municipal.

Trátase duns cursos organizados polo Concello, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, dirixido a nenos e nenas entre os 8 e os 14 anos, que busca que os máis cativos adquiran condutas seguras como peóns e viaxeiros e como usuarios do transporte público e privado, así como aspectos sobre tráfico, hábitos correctos e seguros tanto en vías urbanas como interurbanas, e situacións de tráfico reais.

Durante a clausura dos cursos, Manuel Núñez resaltou a importancia destas actividades, que “fomentan entre os máis cativos os bos hábitos na vía pública e promoven a prevención de accidentes, ao tempo que os rapaces se inician no mundo da circulación da man de bicicletas ou karts”.

Pola súa banda, Paula Yubero agradeceu o esforzo que está a realizar o Concello co mantemento das importantes instalacións que dispón o PIT, para que os rapaces coñezan e respecten as sinais e as normas de tráfico, o que é fundamental para mellorar a seguridade viaria”.

Un total de 43 rapaces participaron nestes cursos. Os participantes, agrupados por idade en grupos de 15 alumnos, recibiron formación teórica e práctica durante máis dunha semana.

Multimedia

  • Entregados os diplomas aos rapaces que participaron nos V Cursos Primavera Segura do PIT

Noticias relacionadas