A cultura do Tíbet chega a Lugo da man dun tour benéfico

Carmen Basadre, acompañada dos monxes tibetanos Geshe Tsultrim, Geshe Norbu, Lobsang Jamyang e Konekok Lundup, presentou o tour Viviendo la magia del Tíbet, que terá lugar dende hoxe ao vindeiro sábado

Xoves, 05 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada dos monxes tibetanos Geshe Tsultrim, Geshe Norbu, Lobsang Jamyang e Konekok Lundup, presentou este xoves o tour benéfico Viviendo la magia del Tíbet, que terá lugar dende hoxe ao vindeiro sábado no Centro Habitado, na rúa da Raíña, e no Hotel Méndez Núñez. Ao acto tamén asistiu a organizadora deste acto en Lugo, Marta Looz, así como representantes do Centro Habitado, a Asociación Reiki Lugo e o Hotel Méndez Nüñez.

Durante a presentación, a edil fixo fincapé na importancia de fomentar tanto a interculturalidade como unha forma de comunicación como a convivencia entre distintos pobos, unha peza fundamental para o desenvolvemento da sociedade actual.

Viviendo la magia del Tíbet trátase dun tour que ten como propósito promover o coñecemento budista para o beneficio persoal, ao tempo que se da a coñecer a cultural tibetana e a sabiduría e filosofía budista. Os beneficios do tour serán destinados para a renovación do mosteiro de Gaden Shartse Sockpa Khangstsen e apoiarán a construción do centro de meditación de Nangten Menlag India.

Este tour inclúe a elaboración dunha Mandala de area, que simbolizará a unha figura femenina, consultas astrolóxicas, caligrafías, conferencias e cantos. Máis información en www.livingtibet.org

Noticias relacionadas