Corte de Trafico con motivo das obras da “Peonalización entre a porta da muralla 'Bispo Odoario' e Praza de Ferrol”

Mércores, 17 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Debido ao inicio mañá das obras da “Peonalización entre a porta da muralla 'Bispo Odoario' e Praza de Ferrol” no centro histórico, é necesario realizar un corte temporal do acceso ao tráfico rodado na porta da muralla Bispo Odoario cara á rúa Montevideo.

A primeira fase da obra realizarase entre a porta Bispo Odoario e Ramón e Cajal, quedando este tramo pechado ao tráfico rodado. Prevese unha duración para esta fase de obra dun catro semanas, que se poden ver alteradas segundo a evolución da obra.
 
Para manter o acceso de vehículos de residentes, servizos e aos aparcadoiros, realizarase un desvío provisional pola Rúa Nova, desde a Rolda da Muralla até Bolaño Rivadeneira. Desde este punto, poderase subir por Bolaño Rivadeneira como é habitual, ou ben baixar por Montevideo até Ramón e Cajal, converténdose este último tramo de dobre sentido para permitir a saída por esta mesma rúa cara a Bolaño Rivadeneira.
 
Poderán seguir accedendo, por tanto, aos seus garaxes privados e aos aparcadoiros públicos polo itinerario establecido, respectando o tramo de obras pechado.
 
O Concello de Lugo lamenta as molestias que se poidan ocasionar aos veciños e veciñas da cidade.

Noticias relacionadas