A Corporación Municipal realiza unha ofrenda floral no Cemiterio de San Froilán polo 19 de marzo

Cristina López: "trátase dunha homenaxe ás familias que no último ano non puideron despedir aos seus debido ás restriccións sanitarias"

Integrantes de todos os grupos da Corporación participaron na colocación dun ramo de flores no Cemiterio Municipal

Venres, 19 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación Municipal realiza unha ofrenda floral no Cemiterio de San Froilán polo 19 de marzo

A Corporación Municipal do Concello de Lugo realizou unha ofrenda floral co motivo da festividade do 19 de marzo. Segundo indicou a Concelleira de Participación, Cristina López, "trátase de lembrar a todas as familias, especialmente ás que non puideron despedirse durante o ano pasado debido á crise sanitaria".

A ofrenda floral estivo seguida dunha intervención da concelleira responsable que agradeceu a presenza de representantes de todas as forzas políticas con representación na corporación.

Durante a mañá, o Cemiterio Municipal contou coa animación musical do pianista lucense Luís Monsalve, formado en Conservatorio Clásico na especialidade de Jazz e Improvisación, e que conta cunha ampla experiencia profesional como arreglista e compositor de varias agrupacións de distintos estilos. Ademáis, conta con experiencia como intérprete en múltiples agrupacións.

 

Multimedia

  • A Corporación Municipal realiza unha ofrenda floral no Cemiterio de San Froilán polo 19 de marzo

Noticias relacionadas