Constituída a Comisión Permanente do Consello Municipal de Cultura

Lara Méndez presidiu a reunión deste Consello, na que se abordou a modificación do seu regulamento, a posibilidade de nomear un cronista oficial, ou instalar un busto ao cantautor Javier Krahe, entre outras

Mércores, 22 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Constituída a Comisión Permanente do Consello Municipal de Cultura

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este mércores no Salón de Plenos a reunión do Consello Municipal de Cultura. Nesta xuntanza quedou constituída a Comisión Permanente deste Consello. Os membros que conforman esta comisión son os seguintes: Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo, Carmen Basadre, Concelleira responsable de Cultura, Encarnación Amigo, representante do Grupo Municipal do PP, Miguel Fernández, do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, Santiago Fernández, do Grupo Municipal de Lugonovo, Tareixa Ferreiro, do Grupo Municipal do BNG-AA, María Olga Louzao, do Grupo Municipal de Cidadáns, e Carlos Anxo Portomeñe, do Grupo Municipal de ACE. Así mesmo, forman parte desta Comisión Permanente Tareixa Campo, representante das artes escénicas, José Luis Díaz, da música, Mónica Fernández, da música tradicional, Lucia Saavedra, da formación, e Marisol González, de museos e bibliotecas, que son as cinco artes que conforman esta Comisión.

Ademais, nesta xuntanza abordáronse outros asuntos como a modificación do regulamento deste Consello, a posibilidade de nomear un cronista oficial da cidade, instalar un busto ou estatua dedicada ao cantautor Javier Krahe, e o traslado da estatua de Xoán Montes para a Praza de Santo Domingo, porque alí foi onde naceu.

No Consello Municipal de Turismo están representados os seis grupos políticos da Corporación Municipal, así como a Sociedade Filharmónica Lucense, a Federación de Veciños, a Biblioteca Pública de Lugo, o Museo do Castro de Viladonga, o Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, Abanca, a Escola de Artes e Superior de Deseño Ramón Falcón, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Caixa Rural Galega, a Asociación IV Ciclo Universitario, o Club Cultural Valle Inclán, a Asociación de Antigüidades Coleccionismo e Artesanía Alto Miño, a Consellería de Cultura (delegación territorial de Lugo), a Asociación Cultural Lugo Patrimonio, a Asociación Cultural Achádego Teatro, a Asociación Cultural Cantigas e Flores, a Asociación Cultural do País e a Asociación Gaiteiros Galegos.

Noticias relacionadas