A concellería de Benestar abre o prazo de inscrición para asistir ás dúas excursións enmarcadas no Programa de Animación Sociocultural

O prazo para inscribirse na primeira excursión estará aberto dende hoxe ata o xoves 11 de agosto, no Centro de Convivencia Maruja Mallo, en horario das 09.00 ás 13.30 horas.

Luns, 08 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Benestar abre o prazo de inscrición para asistir ás dúas excursións enmarcadas no Programa de Animación Sociocultural

O Goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Benestar Social, que dirixe Olga López, lembra que hoxe se abre o prazo de inscrición para veciñanza maior que queira asistir as dúas excursións enmarcadas no Programa de Animación Sociocultural.

A edil responsable, Olga López, destaca que “estas viaxes pretenden ofrecer unha nova alternativa na que os nosos maiores poidan gozar de destinos que mesturen actividade cultural, praia e gastronomía.”.

A primeira das excursións, fixada para o día 28 deste mes, está pensada para as persoas maiores residentes na zona urbana, e o destino será Noia, aproveitando que o municipio celebra nesa data celebra a súa tradicional Festa da Empanada, unha das estrelas gastronómicas da vila e de toda a comarca.

Para inscribirse, deberán aboar 4,12 euros a través do modelo de autoliquidación de taxas e prezos públicos 603 ( http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=603). A comida correrá a cargo das persoas participantes.

A segunda viaxe será previsiblemente o día 3 de setembro, a Illa de Arousa, e está dirixida ás persoas maiores do rural. Nesa data, a vila celebrará a Festa do Polbo. O prazo de inscrición e horario se dará a coñecer nos vindeiros días.

Noticias relacionadas