A Concelleira de Economía entrega o premio PEME do Ano de Lugo

Luns, 16 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concelleira de Economía entrega o premio PEME do Ano de Lugo

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, fixo entrega este luns do primeiro Premio PEME do Ano de Lugo 2017 á empresa Recambios Fraín SL, situada no polígono do Ceao. Este certame foi posto en marcha pola Cámara de España e o Banco Santander e conta na provincia de Lugo coa colaboración da Cámara lucense e El Progreso. O acto, celebrado na oficina principal do Santander na cidade, contou coa presenza dos membros do xurado, do que formou parte Ana Prieto, e que valorou en Recambios Fraín a súa traxectoria de 25 anos, a capacidade de xeración de emprego -cun cento de traballadores-, a aposta polas novas tecnoloxías e a ampliación das súas instalacións.

Noticias relacionadas