A Concelleira de Economía e Emprego recibe ós membros da Asociación Profesional de Agentes de la Hacienda Pública

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, recibiu ós participantes da asamblea anual da Asociación Profesional de Agentes de la hacienda que comezou onte na nosa cidade e que continuará ata mañá domingo 21 de outubro.

A Concelleira deulles a benvida á cidade e, como recordo da súa visita, entregoulles un pin da Muralla e diverso material informativo e turístico de Lugo.

Os participantes neste curso participaron despois da recepción no Concello dunha visita guiada polo corazón da cidade e puideron coñecer un dos elementos máis representativos de Lugo: a Muralla.

A Asociación Profesional de Agentes de la Hacienda Pública é unha asociación de ámbito nacional integrada polos membros do Cuerpo General Administrastivo del Estado e constituída en novembro de 1994. A asociación naceu como consecuencia da falta de normativa concreta e específica que regule as función, dereitos e deberes do coletivo. Dende entón celebráronse once asambleas anuais en diferentes puntos da xeografía española.

Noticias relacionadas