Cinco poetas de distintas nacionalidades comezaron este martes a ruta no Cebreiro para continuar até Compostela
A iniciativa está organizada pola fundación Novoneyra

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu a cinco poetas, procedentes de distintos países, que están a desenvolver a primeira residencia literaria itinerante Uxío Novoneyra para actualizar a temática xacobea. Talatá Rodríguez dende Bos Aires; Fátima Delgado dende Madrid: Luiza Fernandez, brasileira e Diego Horschovski, arxentino dende Compostela e Demián Rabilero, dende Cuba, deixaron os seus lugares para facer a pé os 154 quilómetros a Compostela dende O Cebreiro.
A Fundación Novoneyra estabeleceu como un dos obxectivos desta iniciativa actualizar a temática xacobea. Durante a viaxe, os poetas escribirán sobre os seus pasos e compartirán as súas creacións en centros educativos do Camiño.
Audio
- A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a recepeción de poetas | Descargar mp3