Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 19 ao 21 de novembro/21

Luns, 22 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Inspección de establecementos de lecer nocturno

Durante as noites do venres e a do sábado, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron un operativo especial para o control do cumprimento da normativa Covid, levantando 14 actas de denuncia a sete locais de lecer nocturno por diversas infraccións á Lei de Saúde de Galicia:

  • 6 actas de denuncia por non requirir aos clientes a presentación dun  certificado  Covid, unha proba  diagnóstica realizada nas últimas 72 horas ou un certificado de recuperación.
  • 6 actas de denuncia por non rexistrar aos clientes que acceden ao interior do local.
  • 2 actas de denuncia por quebrantar o horario de peche establecido.

Por cada unha destas infraccións os axentes propuxeron sanción de 500 euros.

Delitos contra a seguridade viaria

Durante a fin de semana intensificáronse os controis de alcoholemia, Instruíndose dilixencias por delitos contra a seguridade viaria nos seguintes casos:

  • A madrugada do venres ao sábado un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á República Arxentina onde unha patrulla interceptara a un vehículo que se deu á fuga dun accidente ocorrido momentos antes na calle Estaca de Bares. Os axentes comproban que se trata dun condutor novel, practicando probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,37 mg/ l (máis do dobre do permitido), cando o límite máximo para este tipo de condutores é de 0,15 mg/ l. Ábrese expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
  • A mesma noite, sobre as 5,00 horas detéctase na Ronda da Muralla un condutor que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,99 mg/ l (catro veces máis que a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Ás 6,00 horas do mesmo día un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo instrúe dilixencias por delito contra a seguridade viaria contra o condutor que un turismo que foi detectado por unha patrulla da Policía Nacional conducindo o seu vehículo por calle Fray Plácido Lemos sen ningún tipo de iluminación. Lanzou un resultado POSITIVO de 0,66 mg/ l nas probas de detección alcohólica ás que foi sometido.

Auxilio a cidadáns

  • Sobre as 23,45 horas do día 19 de novembro/21 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á  rúa  Falcón xa que ao parecer hai unha persoa tombada na rúa. Os axentes observan a unha moza, maior de idade, sentada no pavimento,  semiinconsciente, suxeitada por dous mozos, que presentaba unha forte embriaguez, procedendo ao seu auxilio e requírese a presenza dunha ambulancia do 061, sendo trasladada ao  HULA
  • Sobre as 23,50 horas unha patrulla observa na rúa San Roque un home tirado na beirarrúa, comprobando que presentaba unha forte embriaguez, proporcionándoo o auxilio necesario e sendo trasladado ao  HULA por unha ambulancia do 061.

Noticias relacionadas