Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 20 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

Na mañá de onte, no transcurso dun dispositivo especial establecido na zona de Santo Domingo/San Marcos, co fin de controlar o acceso de vehículos ao Centro Histórico fóra dos casos permitidos, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, deu o alto a un vehículo que ao identificar ao seu condutor compróbase, a través das bases de datos policiais, que CARECE de permiso de condución por NON OBTELO NUNCA, polo que é trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na Xefatura do Corpo compróbase que devandito condutor, de 27 anos de idade e veciño desta cidade, xa fora detectado o pasado 4 de decembro por unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno, conducindo carecendo de carné de conducir, sendo investigado por un delito contra a seguridade viaria.

Accidente de circulación con ferido

Na noite do día 19 de decembro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Avenida da Coruña, confluencia coa rúa Manuel María, xa que se producira un accidente de circulación, chocando unha motocicleta e un turismo ao realizar este a manobra de cambio de dirección, resultando ferido o condutor da motocicleta que foi trasladado ao HULA nunha ambulancia para a súa valoración médica, aínda que aparentemente o seu estado non revestía gravidade. (Adxúntase imaxe)

Auxilio á cidadanía

Na mañá de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no Parque da Milagrosa, con ocasión do mercadillo semanal, observa que unha persoa maior estaba tirada no chan, moi mareada e con calafríos, sendo auxiliada e requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado a un centro médico da cidade para a súa atención médica.

Noticias relacionadas