A praza Anxo Fernández Gómez acollerá o luns o primeiro tardeo deste mes, de 17:00 a 20:00 horas, con xogos infantís, pasarrúas con carriño musical e unha sesión DJ.
Así mesmo, hoxe celebrarase o primeiro noiteo na rúa Bispo Aguirre, de 21:00 a 23:00 horas, coa actuación musical de Iria Estévez “Atlántica”.

Este luns dará comezo a programación de tardeos impulsada polo Goberno de Lara Méndez, dentro do movemento Localmente Lucense, para o mes de xullo. A praza Anxo Fernández Gómez acollerá o primeiro tardeo deste mes que contará con xogos infantís, pasarrúas con carriño musical e unha sesión DJ. Neste senso, a rexedora lembrou que “este verán retomamos os tardeos e noiteos no marco do Plan de dinamización de barrios, a través do que buscamos incentivar as compras e o consumo nos establecementos de proximidade da cidade”.
Os tardeos naceron o pasado ano para adiantar o horario das actividades de animación nas rúas en horario máis temperán, de 17:00 a 20:00 horas, pensando especialmente nos e nas máis pequenas. “Esta iniciativa serve, así mesmo, para fomentar as relacións interxeracionais entre a veciñanza e a socialización”, apuntou a rexedora.
En total, ao longo do mes de xullo celebraranse 14 tardeos, que se completarán con concertos, monólogos e teatro a través dos noiteos, en horario de 21:00 a 23:00 horas. O primeiro noiteo deste mes de xullo terá lugar este mesmo venres, na rúa Bispo Aguirre, coa actuación musical de Iria Estévez “Atlántica”. O resto de programación de noiteos, xunto con toda a información puntual de actividades, que se desenvolve desde a concellería de Desenvolvemento Local e Emprego poderase consultar a través da seguinte ligazón: https://localmentelucense.gal/
Datas e ubicacións dos tardeos no mes de xullo:
LUNS 4
- Pr. Anxo Fernández Gómez
- Xogos de Feira no teu Barrio
- DJ Marcos Peón
MÉRCORES 6
- Pr. Agro do Rolo
- Cirqueando na praza
- DJ Leivas
VENRES 8
- A Ponte
- Xoguemos cos avós: xogos populares galegos
- DJ Jaypee
LUNS 11
- Praza Roxa de Fingoi
- Festa e bailes na praza
- DJ Fetén!
MARTES 12
- Pr. da Soidade
- Funny Photocall
- DJ Mr. Think
MÉRCORES 13
- Pr. do Camiño Primitivo
- Xogando no Barrio: xogos xigantes
- DJ Zé Pequeno
XOVES 14
- Pr. da Milagrosa
- Xogo de palas: Spiribol Challenge
- DJ Alex Nite
LUNS 18
- Fonte dos Ranchos
- Tardeo con maxia, co Mago Lolo
- DJ Leivas
MARTES 19
- Pr. Viana do Castelo
- Xoguemos cos avós: xogos populares galegos
- DJ Popy García
MÉRCORES 20
- Ronda das Mercedes (esquina Avda. Madrid)
- Festival da Reciclaxe
- DJ Lanetti Jr.
VENRES 22
- Rúa Rafael de Vega
- Festa e bailes na túa praza
- DJ La Sombra del Humo
MARTES 26
- Pr. Campo Castelo
- Xogando no Barrio: xogos xigantes interxeracionais
- DJ Marcos Peón
MÉRCORES 27
- Pr. da Milagrosa
- Conto Contigo con Trastenda dos Contos
- DJ Fetén!
VENRES 29
- Pr. do Castiñeiro
- Xogo de palas: Spiribol Challenge
- DJ Juan Chousa