Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comezan os tardeos do mes de xullo impulsados por Lara Méndez para dinamizar os barrios dentro do movemento Localmente Lucense

Comezan os tardeos do mes de xullo impulsados por Lara Méndez para dinamizar os barrios dentro do movemento Localmente Lucense

A praza Anxo Fernández Gómez acollerá o luns o primeiro tardeo deste mes, de 17:00 a 20:00 horas, con xogos infantís, pasarrúas con carriño musical e unha sesión DJ.

Así mesmo, hoxe celebrarase o primeiro noiteo na rúa Bispo Aguirre, de 21:00 a 23:00 horas, coa actuación musical de Iria Estévez “Atlántica”.

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Programación cultural,
    • Música
Venres, 01 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan os tardeos do mes de xullo impulsados por Lara Méndez para dinamizar os barrios dentro do movemento Localmente Lucense

Este luns dará comezo a programación de tardeos impulsada polo Goberno de Lara Méndez, dentro do movemento Localmente Lucense, para o mes de xullo. A praza Anxo Fernández Gómez acollerá o primeiro tardeo deste mes que contará con xogos infantís, pasarrúas con carriño musical e unha sesión DJ. Neste senso, a rexedora lembrou que “este verán retomamos os tardeos e noiteos no marco do Plan de dinamización de barrios, a través do que buscamos incentivar as compras e o consumo nos establecementos de proximidade da cidade”.

Os tardeos naceron o pasado ano para adiantar o horario das actividades de animación nas rúas en horario máis temperán, de 17:00 a 20:00 horas, pensando especialmente nos e nas máis pequenas. “Esta iniciativa serve, así mesmo, para fomentar as relacións interxeracionais entre a veciñanza e a socialización”, apuntou a rexedora.

En total, ao longo do mes de xullo celebraranse 14 tardeos, que se completarán con concertos, monólogos e teatro a través dos noiteos, en horario de 21:00 a 23:00 horas. O primeiro noiteo deste mes de xullo terá lugar este mesmo venres, na rúa Bispo Aguirre, coa actuación musical de Iria Estévez “Atlántica”. O resto de programación de noiteos, xunto con toda a información puntual de actividades, que se desenvolve desde a concellería de Desenvolvemento Local e Emprego poderase consultar a través da seguinte ligazón: https://localmentelucense.gal/ [1]

Datas e ubicacións dos tardeos no mes de xullo:

LUNS 4

  • Pr. Anxo Fernández Gómez
  • Xogos de Feira no teu Barrio
  • DJ Marcos Peón

MÉRCORES 6

  • Pr. Agro do Rolo
  • Cirqueando na praza
  • DJ Leivas

VENRES 8

  • A Ponte
  • Xoguemos cos avós: xogos populares galegos
  • DJ Jaypee

LUNS 11

  • Praza Roxa de Fingoi
  • Festa e bailes na praza
  • DJ Fetén!

MARTES 12

  • Pr. da Soidade
  • Funny Photocall
  • DJ Mr. Think

MÉRCORES 13

  • Pr. do Camiño Primitivo
  • Xogando no Barrio: xogos xigantes
  • DJ Zé Pequeno

XOVES 14

  • Pr. da Milagrosa
  • Xogo de palas: Spiribol Challenge
  • DJ Alex Nite

LUNS 18

  • Fonte dos Ranchos
  • Tardeo con maxia, co Mago Lolo
  • DJ Leivas

MARTES 19

  • Pr. Viana do Castelo
  • Xoguemos cos avós: xogos populares galegos
  • DJ Popy García

MÉRCORES 20

  • Ronda das Mercedes (esquina Avda. Madrid)
  • Festival da Reciclaxe
  • DJ Lanetti Jr.

VENRES 22

  • Rúa Rafael de Vega
  • Festa e bailes na túa praza
  • DJ La Sombra del Humo

MARTES 26

  • Pr. Campo Castelo
  • Xogando no Barrio: xogos xigantes interxeracionais
  • DJ Marcos Peón

MÉRCORES 27

  • Pr. da Milagrosa
  • Conto Contigo con Trastenda dos Contos
  • DJ Fetén!

VENRES 29

  • Pr. do Castiñeiro
  • Xogo de palas: Spiribol Challenge
  • DJ Juan Chousa

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comezan-os-tardeos-do-mes-de-xullo-impulsados-por-lara-mendez-para-dinamizar-os-barrios-dentro

Ligazóns:
[1] https://localmentelucense.gal/