Esta mañá comezaba o obradoiro de tarxetas de felicitación dixitais, organizado pola área de Novas Tecnoloxías, no que a rapazada de entre 8 e 15 anos poderá crear e deseñar postais navideñas, de aniversario e mesmo escribirlle a carta aos Reis Magos.
Luns, 23 de decembro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa

Co obxectivo de achegar un entretemento útil e didáctico e favorecer igualmente a conciliación familiar durante as vacacións do Nadal, o Concello poñía hoxe en marcha este obradoiro gratuíto que se desenvolverá ate o 3 de decembro, en horario de 11:00 horas a 13:00 horas no Edificio de Novas Tecnoloxías.