Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comeza o curso de deseño de tarxetas dixitais organizado dende a área de Novas Tecnoloxías

Comeza o curso de deseño de tarxetas dixitais organizado dende a área de Novas Tecnoloxías

Esta mañá comezaba o obradoiro de tarxetas de felicitación dixitais, organizado pola área de Novas Tecnoloxías, no que a rapazada de entre 8 e 15 anos poderá crear e deseñar postais navideñas, de aniversario e mesmo escribirlle a carta aos Reis Magos.

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 23 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza o curso de deseño de tarxetas dixitais organizado dende a área de Novas Tecnoloxías

Co obxectivo de achegar un entretemento útil e didáctico e favorecer igualmente a conciliación familiar durante as vacacións do Nadal, o Concello poñía hoxe en marcha este obradoiro gratuíto que se desenvolverá ate o 3 de decembro, en horario de 11:00 horas a 13:00 horas no Edificio de Novas Tecnoloxías.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comeza-o-curso-de-deseno-de-tarxetas-dixitais-organizado-dende-area-de-novas-tecnoloxias