Cohesión Social abre o luns o prazo de inscricións para unha viaxe cultural a Ourense o próximo 28 de maio

As e os interesados en reservar algunha das 50 prazas ofertadas poderán apuntarse entre os vindeiros días 19 e 21, en horario de 9.00 a 13.00 horas, no centro Uxío Novoneyra.

A excursión inclúe visitas ao centro histórico e ás Termas de Outariz, e continúa así a programación municipal que xa organizou sendas saídas a Allariz e a Monforte de Lemos.

A edil de Cohesión Social, Olga López Racamonde, destaca o “éxito destas viaxes de animación sociocultural, co que intentamos favorecer o ocio saudable e a socialización”.

Sábado, 17 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cohesión Social abre o luns o prazo de inscricións para unha viaxe cultural a Ourense o próximo 28 de maio

A Concellería de Cohesión Social pon en marcha unha nova saída cultural, neste caso a Ourense, incluída na súa programación municipal, coa que se da continuidade ás excursións realizadas a Allariz e a Monforte de Lemos. A nova viaxe terá lugar o vindeiro día 28 de maio, para visitar tanto o centro histórico como as Termas de Outariz. As e os interesados poderán inscribirse entre o luns 19 e o mércores 21 para reservar algunha das 50 prazas ofertadas, un trámite que se pode realizar no centro social Uxío Novoneyra, en horario de 09.00 a 13.00 horas.

A responsable da área de Cohesión Social, Olga López Racamonde, destaca o “éxito destas viaxes de animación sociocultural, co que intentamos favorecer o ocio saudable e a socialización”.

A excursión partirá as 09.15 horas da Praza de Bretaña con destino a Ourense, para pasar a xornada na cidade das Burgas e regresar a Lugo ás 18.00 horas, á mesma praza. O custo da actividade será, ao igual que no resto de saídas e viaxes programadas, de 4,12 euros.

Na adxudicación das 50 prazas ofertadas terán prioridade as persoas que non obtiveron praza nalgunha das saídas anteriores da programación 2024-2025, así como as persoas en situación de vulnerabilidade. As que queden libres adxudicaranse por sorteo informático e a publicación do listado inicial de admitidas e admitidos nesta nova convocatoria publicarase o vindeiro 23 de maio. 

Multimedia

  • Cohesión Social abre o luns o prazo de inscricións para unha viaxe cultural a Ourense o próximo 28 de maio
  • Cohesión Social abre o luns o prazo de inscricións para unha viaxe cultural a Ourense o próximo 28 de maio

Noticias relacionadas