Cita na Milagrosa esta fin de semana coa XX Feira de San Isidro, que impulsa Concello, Deputación e veciñanza

Lara Méndez, Pilar García e Jesús Vázquez presentaron o certame, que terá lugar nas rúas Divina Pastora e Menorca, así como na Praza da Milagrosa

Martes, 23 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cita na Milagrosa esta fin de semana coa XX Feira de San Isidro, que impulsa Concello, Deputación e veciñanza

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Deputada de Cultura, Pilar García, e o Presidente da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, Jesús Vázquez, acompañados dunha vintena de veciños e veciñas, presentaron este martes no Salón de Plenos a XX Feira de San Isidro da Milagrosa, que acollerá a rúa Menorca e a Praza da Milagrosa este venres, sábado e domingo, 26, 27 e 28 de maio.

No acto de presentación, a rexedora avanzou o cambio de ubicación deste certame con respecto aos anos anteriores, que tiña lugar na Praza Agro do Rolo. Esta vixésima edición celebrarse na rúa Divina Pastora, Praza da Milagrosa e rúa Menorca, posto que na praza Agro do Rolo comezarán de inmediato as obras de humanización, unhas tarefas que para o Goberno supoñen recuperar un novo espazo público para o uso da cidadanía, continuando ademais na liña de converter a Lugo nunha cidade accesible pensada para as persoas, na que cada vez ter máis espazos para gozar da cidade.

Así mesmo agradeceu o esforzo do colectivo organizador así como a implicación da veciñanza deste barrio tan senlleiro de Lugo, no que viven uns 20.000 veciños e veciñas, por contribuír ao éxito desta feira.

Pola súa banda Pilar Porto definiu esta feira como unha cita que reivindica o agro e a artesanía, "un auténtico revulsivo e unha oportunidade para impulsar o comercio". O organismo provincial, a través do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), colabora con esta cita achegando exhibicións en vivo de canteiría e de forza ao longo da feira.

Un cento de expositores
Jesús Vázquez, quen agradeceu a colaboración do Concello e a implicación persoal da Alcaldesa con esta cita, explicou os detalles desta nova edición da Feira de San Isidro, que concentrará a un cento de expositores e artesáns procedentes de Lugo, da comunidade de Galicia e Portugal. A XX Feira de San Isidro da Milagrosa engloba o Día da Provincia (27 de maio) e este ano como novidade, terá lugar a Festa do Hojaldre, onde a organización conta repartir unhas 500 unidades, que se suma ás degustacións da rosquilla, que se repartirán un milleiro de unidades, e do chourizo á parrilla -1.000 unidades-.
Nestas dúas rúas e na praza a cidadanía poderá adquirir produtos como queixo, viño pan ou mel, entre outros. Nesta cita, que naceu para render homenaxe ás orixes rurais dos e das residentes no barrio, ademais de venda de produtos, tamén haberá degustacións, exhibicións de baile e actuacións musicais. Os actos tamén engloban a entrega dos galardóns José Carballido aos mellores 10 stands da feira.

Noticias relacionadas