A Casa Consistorial ilumínase este domingo de cor violeta para conmemorar o Día Mundial da Esclerose Múltiple

Sábado, 29 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Casa Consistorial ilumínase este domingo de cor violeta para conmemorar o Día Mundial da Esclerose Múltiple

O Concello de Lugo conmemora mañá, domingo, 30 de maio, o Día Mundial da Esclerose Múltiple, iluminando ao anoitecer a fachada da Casa Consistorial de cor violeta, co fin de visibilizar esta enfermidade.

A iniciativa, trasladada á alcaldesa de Lugo pola Asociación ALUCEM, pretende concienciar á poboación sobre a realidade que viven as persoas con esta doenza e as súas necesidades así como poñer en valor a importancia das redes de apoio e os beneficios do autocoidado.

Con este xesto, o Concello, que tamén colabora cos actos organizados esa xornada pola Asociación Lucense de Esclerose Múltiple na Praza Maior, se suma ao obxectivo do colectivo de derrubar as barreiras sociais que xeran soidade e illamento entre as persoas afectadas pola Esclerose Múltiple e á súa reivindicación de acadar mellores servizos.

Noticias relacionadas