A Casa Consistorial e Muralla ilumínanse de verde conmemorando o Día Mundial da ELA

Venres, 18 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo conmemora o Día Mundial da ELA, 21 de xuño, iluminando de verde a fachada da Casa Consistorial.

A petición foi solicitada pola  Asociación Gallega de Afectados de Esclerosis Lateral Amiotrófica – AGAELA, en nome da Fundación Luzón. AGAELA é a Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica e agrupa a afectados, familiares, colaboradores e voluntarios.

A esclerose lateral amiotrófica abreviadamente, ELA ou enfermidade de Lou Gehrig é unha enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular.

Noticias relacionadas